miércoles, 4 de junio de 2008

BENVIDOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


ELA CEIBE S.L.L. é unha empresa creada co obxecto de favorecer a integración das mulleres víctimas de violencia de xénero a tódolos niveis naqueles concellos da provincia da Coruña que non posúan un servicio de información e asesoramento á muller.

Así mesmo pretendemos paliar as cada vez máis crecentes situacións de violencia de xénero, dando resposta a todas aquelas mulleres que precisen da nosa atención.


SERVIZOS OFERTADOS:

· Servizo de atención psicolóxica especializada e individual.
· Servizo de información, orientación e asesoramento de inserción laboral.
· Servizo de atención personalizada, apoio e acompañamento.
· Servizo de información, orientación e asesoramento sobre dereitos, recursos e programas.

ESTES SERVIZOS OFERTARANSE DURANTE TODO O ANO E O ACCESO ÓS MESMOS SERÁ GRATUÍTO.

OUTRAS ACTIVIDADES:
· Obradoiros sobre Prevención de Violencia de Xénero.
· Campañas de sensibilización:
- Xornadas sobre Violencia de Xénero.
· Programa de Formación e Orientación Laboral.
· Taller sobre Eliminación dos Roles e Estereotipos de Xénero


- Risoterapia:
16€/persoa (máximo 15 persoas)
- Técnicas de relaxación:
16€/persoa (máximo 15 persoas)
- Obradoiros de asertividade:
Gratuíto (máx. 10 persoas)
- Terapia de grupo:
Gratuíto (máx. 10 persoas)

ESTAS ACTIVIDADES SERÁN OFERTADAS ESPORADICAMENTE Ó LONGO DO ANO, DEPENDENDO DAS PREFERENCIAS DO CONCELLO E DAS USUARIAS DO NOSO SERVIZO.